ConcellosO BarcoÚltima hora

Belén artístico con movemento, no CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

Dende esta semana pode visitarse o nacemento do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). Trátae dun belén artístico con movemento e ademais conta cun xogo de luces que permite crear dous ambientes: o diurno e o nocturno.

Este nacemento, realizado pola comunidade educativa, está aberto ao público, iso si, seguindo estritamente un protocolo anticovid. O horario de visitas vai de 15:00 a 17:00 h de luns a venres ata o día 21 de decembro.

Fotos: CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco).

 

O belén coa iluminación en modo nocturno.

Artigos relacionados

Back to top button