CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Belén de beléns no San Pablo VI-Fátima da Rúa

O nacemento central deste ano rende homenaxe ao ilustrador Juan Ferrándiz

Cada ano céntranse nunha idea, implicando a todo o centro e intentando sorprender a todo aquel que o visite. E unha vez máis conseguírono. A entrada do colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa loce dende hai uns días o seu tradicional nacemento artesanal. Tradicional porque levan anos facéndoo pero realmente é moi innovador.

Desta volta quixeron render homenaxe á figura de Ferrándiz “cuxas imaxes navideñas permanecerán ligadas a unha época na que as familias escribían tarxetas de felicitación”, explican dende o centro, engadindo que unha das súas tarxetas máis coñecida é a de “Virgen y Niño con frutas”. E precisamente de froitas están feitas as figuras do nacemento central, dende a Virxe ou o neno ata os animais e os reis. Todo un derroche de creatividade e orixinalidade.

Mais a cousa non queda aí e este ano o colexio conta asemade cunha mostra de pequenos pero fermosos e creativos nacementos elaborados con material reciclado. Dende trozos de retais ata botellas de auga e mesmo de Actimel ou ovos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button