DeportesÚltima hora

Belén García e Leticia Gil, na selección galega para ir ao Campionato de España de Federacións Autonómicas

As valdeorresas forman parte da lista de 19 atletas que representarán a Galicia nesa cita prevista para o 19 de setembro en Ciudad Real

A barquense Belén García, durante unha competición./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Despois do Campionato de Galicia Absoluto a finais do pasado mes de agosto, a dirección técnica da Federven de anunciar a convocatoria da Selección Galega para acudir ao XLV Campionato de España de Federacións Autonómicas, que se desenvolverá o día 19 de setembro na cidade manchega de Ciudad Real.

Ata esa localidade teñen previsto viaxar un total de 19 atletas, entre elas as valdeorresas Belén García e Leticia Gil, que tomarán parte “de maneira mixta nas distintas probas que forman o calendario deste “novo” formato competitivo marcado polas variacións que obriga a situación actual”, tal e como avanza a Federación Galega de Atletismo (FGA).

Así na relación de atletas convocados figura Leticia Gil (Playas de Castellón), natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras), no salto de lonxitude. Esta saltadora quedaba ás portas da medalla de bronce no Campionato de España absoluto disputado a pasada fin de semana. “Non puido reeditar o bronce do ano pasado ao perdelo no último salto por once centímetros logo de ir en posición de medalla todo o concurso”, apuntan dende a federación galega.

 

Leticia Gil./ Foto cedida.

 

A outra representante valdeorresa será Belén García do Club Adas do Barco, nos 400 metros valados. Esta barquense tamén competía no nacional absoluto nos 400 valos, logrando unha marca de 1:05.71.

Ademais, tanto Belén García como Leticia Gil competirán xuntas, con outros dous atletas (Miguel Pérez e Alenxader Barreiro) na proba de 4×100 mixta.

Artigos relacionados

Back to top button
Close