Concellos

Belén Vivinte o 20 de decembro en Ribadavia

Actividades de Nadal especialmente pensadas para os máis pequenos

tarde-xogos2

Continúan as actividades de Nadal para os máis cativos en Ribadavia. O sábado 13 de decembro, en horario de 17 a 19h. haberá “Tarde de xogos” no  IES O Ribeiro (no caso de mal tempo no pavillón de deportes de Maquiáns). Ás actividades organizadas pola empresa Bolboretas, poderán asistir nenas e nenos de idades entre os 4 e os 12 anos e serán totalmente gratuítas con inscrición previa imprescindible para participar da actividade, tal como explican dende o Concello.

E xa para seguinte sábado, 20 de decembro, representarase un “Belén Vivente”, en horario de 17 a 19h. na Igrexa da Madalena de Ribadavia. Entrada gratuíta.

Artigos relacionados

Back to top button