ConcellosGalerías de fotosOurenseÚltima hora

Bendición de ramos no adro da igrexa de Fontei (A Rúa)

A partires das once e media desta mañá de 14 de abril tiña lugar a bendición de ramos no adro da igrexa de Nosa Señora de Fátima en Fontei (A Rúa). O sacerdote introducía un ramo en auga bendida e, a continuación, procedía a dar a bendición dos ramos e palmas dos fieis.

Seguidamente, entraba na igrexa e ía bendecindo cada un dos ramos que levaban as persoas que estaban no interior do templo ata chegar ao altar. Unha vez alí, iniciábase a misa deste Domingo de Ramos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/domingo-de-ramos-na-parroquia-ruesa-de-santo-estevo/
https://osil.info/a-bendicion-e-procesion-de-ramos-pon-en-marcha-a-semana-santa-barquense/

Artigos relacionados

Back to top button