A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Bendición e procesión de coches na honra a San Cristóbal, na Rúa e Petín

O acto celebrábase no mediodía deste domingo 10 de xullo na parroquia de Fontei

 

Despois dunha intensa fin de semana con actividades multitudinarias como a cea popular ou o desfile do CarnaVrao, as Festas de San Cristóbal na Rúa chegaban ao derradeiro día, domingo 10 de xullo, coa bendición de coches e posterior procesión pola contorna.

Despois da misa das 11:30 horas na parroquia de Fontei na honra a San Cristóbal (considerado patrón de peregrinos, viaxeiros, motoristas e transportistas en xeral), o párroco Lisardo Paradelo procedía á bendición dos coches que se xuntaron no entorno do adro, pedindo especialmente polos condutores. Moitos dos vehículos presentes eran clásicos, verdadeiras xoias do motor en perfecto estado de conservación (como un fermoso Tiburón ou un Citroën C15 de máis de 40 anos), pero tamén os había máis modernos. Coches grandes e pequenos e incluso algún todoterreo, a maioría engalanados para a ocasión.

 

Directiva da Asociación San Cristóbal da Rúa.

 

E trala bendición, os benditos comezaban a procesión rumbo á praza de Petín para continuar, despois de percorrer a vía principal da Rúa, ata a zona de San Roque con parada na praza César Conti. A festa remataba cunha sesión vermú na praza da Estación a cargo do grupo de música galega, Os d’Abaixo.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button