En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Bendición e procesión de San Cristóbal pola Rúa e Petín

Medio cento de coches asistían ao acto celebrado na tarde do 10 de xullo

Despois dunha intensa fin de semana, con actividades previas (cea popular, desfile do Carnavrao,…) organizadas a prol da recuperación da Festas de San Cristóbal na Rúa, chegaba o día grande: 10 de xullo.

Ás oito da tarde, o párroco de Fontei Lisardo Paradelo, oficiou acompañado por outros dous sacerdotes, unha misa na honra ao Santo (considerado patrón de peregrinos, viaxeiros, motoristas e transportistas en xeral) e de seguido procedía á bendición de medio cento de vehículos que se xuntaron no entorno do adro. Moitos eran clásicos, verdadeiras xoias do motor en perfecto estado de conservación, pero tamén os había máis modernos. Coches grandes e pequenos e incluso algunha furgoneta, a maioría engalanados para a ocasión. E trala bendición, os benditos comezaron a procesión rumbo á praza de Petín, facendo parada nos bares para tomar unha copa ou un café. A seguinte parada, despois de percorrer A Rúa, era o campo de San Roque con visita incluída ao bar.

 

Un momento da bendición no adro da igrexa de Fontei.

Durante a bendición dos coches “para protexer a todos os que os utilizamos como medio de transporte, tanto por ocio como por traballo”, o párroco asegurou estar moi contento pola recuperación desta tradición “tan católica”. Unha iniciativa promovida pola recén creada Asociación Sociocultural San Cristóbal, formada por un grupo de veciños da Rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button