CulturaÚltima hora

Bertolino trae a Ourense unha mostra fotográfica sobre Cenlle e o seu viño

O fotógrafo italiano inaugura a exposición “Cenlle: Terra, Xente, Viño” o mércores 5 ás 19 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel
Imaxe de Matteo Bertolino, o fotógrafo que exporá a mostra "Cenlle, Terra, Viño, Xente" en Ourense.
Imaxe de Matteo Bertolino, o fotógrafo que exporá a mostra “Cenlle, Terra, Viño, Xente” en Ourense.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolle dende este mércores, 5 de outubro, a exposición “Cenlle. Terra, Xente, Viño”, unha mostra fotográfica asinada por Matteo Bertolino que nace co obxectivo de dar a coñecer este municipio e os seus caldos. Poderá visitarse até o 23 de outubro e a súa programación tamén contempla catas de viños de adegas locais.

O Concello de Cenlle posiciónase como promotor desta iniciativa, que conta tamén coa colaboración da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro e a Deputación de Ourense. Tamén participan unha decena de adegas da zona. Tras a súa exposición en Ourense, a mostra viaxará a outros puntos da xesografía española.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close