PolíticaÚltima hora

Besteiro, na presentación da candidatura do PSdeG na cidade de Ourense

Aseguraba que o proxecto de Vázquez Barquero está “pensado por e para Ourense”
José Ramón Gómez Besteiro, na súa intervención en Ourense.
José Ramón Gómez Besteiro, na súa intervención en Ourense.

O líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e a secretaria de Organización, Pilar Cancela, acudían na tarde do 25 de febreiro á presentación da candidatura socialista para a cidade de Ourense, encabezada por José Ángel Vázquez Barquero. “Temos unha moi boa candidatura e un candidato que quere ser alcalde, mentres a outros lles impuxeron ser candidatos á alcaldía”, afirmaba o responsables dos socialistas galegos.

Ademais agradecía o traballo do actual alcalde, Agustín Fernández, e sinalaba que “o proxecto de Vázquez Barquero, a diferenza doutros, está pensado por e para Ourense e os seus cidadáns, terá todo o apoio da Executiva galega”.

Asemade incidía en que tras o proceso das primarias, “eu o único que pido é o traballo e o esforzo da candidatura e de todos os militantes, temos que explicarlles cara a cara aos cidadáns o noso proxecto, baseado na igualdade de oportunidades e na defensa dos servizos públicos.

Pola súa banda o cabeza de lista na cidade, José Ángel Vázquez Barquero, apuntaba que a candidatura “integra diferentes sensibilidades, temos un proxecto plural para gañar as eleccións municipais e levar estabilidade á cidade, un proxecto socialista que é o que demandan os cidadáns”.

 

Besteiro, coa candidatura socialista ás municipais na cidade de Ourense.
Besteiro, coa candidatura socialista ás municipais na cidade de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button