CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

A Biblioteca de Verín afonda na figura de Taboada Chivite

Desenvolvíase un ciclo que incluía a proxección dun documental e unha conferencia sobre este investigador verinés

Un outono máis a Biblioteca Municipal de Verín homenaxea ao investigador Xesús Taboada Chivite. Os días 16 e 17 de novembro desenvolvíase un ciclo temático adicado á súa figura. Comezaba na tarde do 16 de novembro coa proxección do documental titulado “D. Xesús Taboada Chivite”, dirixido por Pío García, con guión de Fran Zabaleta e realizado pola Fundación Lois Peña Novo, Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia, Pío García Servizos Audiovisuais.

De seguido, en torno ás oito da tarde, a Biblioteca Municipal inauguraba a sala de estudos locais, onde se formalizaba por escrito a acta de doazón da Biblioteca persoal de D. Manuel Taboada Cid, por parte da súa viuva Dona María Nieves de Paula Pombar.

Ao día seguinte, 17 de novembro, impartíase a conferencia “D. Xesús Taboada Chivite e a súa obra”, impartida por Francisco Fariña Busto (arqueólogo galego, exdirector do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudos) e Rosa María Méndez García (bibliotecaria e arquiveira do Museo do Pobo Galego).

Artigos relacionados

Back to top button