Galerías de fotosÚltima hora

A Biblioteca de Verín celebra o Día do Libro entre manualidades e contos

Debuxando, coloreando ou recortando, pero tamén escoitando contos. Coa actividade “Portalápices” celebrábase por anticipado na tarde do 20 de abril o “Día Internacional do Libro” na Biblioteca Municipal de Verín. Nela participaban unha vintena de nenos de entre 3 e 9 anos.

A iniciativa estaba coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da biblioteca comezaba cunha serie de manualidades con materiais reciclados. Despois os máis pequenos desfrutaban cun contacontos da man tamén dos voluntarios deste centro.

Est actividade enmárcase dentro da programación da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da Biblioteca Municipal de Verín.

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button