ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Biblioteca de Verín énchese de pingüinos

Partindo de materiais reciclados, cartulina, goma eva e moita imaxinación poñíase en marcha na tarde do 11 de xaneiro na Biblioteca de Verín a actividade o “Pingüino que quería vivir na Biblioteca”. Nela participaban unha vintena de nenos de 3 a 9 anos, socios desta instalación, que creaban outros tantos pingüinos, cada un coa súa pecularidade.

Ademais de divertirse coas manualidades, os máis pequenos asistían despois a un contacontos. Esta iniciativa enmárcase na programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da Biblioteca de Verín e ten sido coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da biblioteca.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button