ConcellosÚltima hora

A Biblioteca de Verín lembra o papel histórico de Monterrei na edición do libro galego

Acollerá na tarde do 23 de febreiro una conferencia sobre este tema impartida por Víctor F. Freixanes e por María Dolores Cabrera

“Monterrei capital histórica do libro en galego. Dos manuscritos medievais á edición do libro en galego”. É o título da conferencia que o vindeiro venres 23 de febreiro, ás 19:30 horas, terá lugar na Biblioteca Pública do Concello de Verín.

A exposición correrá a cargo de Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega (RAG), e de María Dolores Cabrera, licenciada en Filosofía e Letras e membro da comisión encargada de elaborar a primeira Lei do libro e da lectura.

Na súa intervención Freixanes dará unha visión global do libro en galego, partindo de Monterrei e da primeira imprenta de Galicia, ata chegar ao día de hoxe. Pola súa banda, María Dolores Cabrera centrarase nos fondos da Fundación Fermín Penzol, da que é padroeira.

Artigos relacionados

Back to top button