CulturaCulturaÚltima hora

A Biblioteca Municipal da Rúa acolle a presentación do libro editado pola poeta Rosa García

“Nove encontros na Coroa e o que nos queda” dá nome ao recompilatorio dos recitais na adega ruesa

Hai case unha década, a poeta valdeorresa Rosa García Machado comenzou a organizar o Encontro de Poetas na Coroa, un recital na adega ruesa que agora, nove edicións despois, chega á rúa e á poboación en forma de libro ilustrado por Natalia.

Acompañada por Carlos Rafael e Alfonso Campos (poetas participantes nos encontros), a propia Rosa, editora da publicación, presentou na Biblioteca Municipal da Rúa o libro “Nove encontros na Coroa e o que nos queda”. No acto, que tiña lugar na tarde do 23 de febreiro, non faltou a música e por suposto a poesía, da man de Alfonso e Óscar.

Fotos: Biblioteca Municipal A Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button