DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A bicicletada pon o broche á Semana da Mobilidade no Barco

Cativos e adultos participaban na marcha en bicicleta celebrada o domingo 15 de maio

Estaba prevista para o 10 de maio pero a ameaza de treboada obrigaba á organización ao seu aprazamento e finalmente era o domingo 15 de maio cando se celebraba a bicicletada “O Barco sen coche”. Unha marcha en bicicleta coa que se poñía o broche á Semana da Mobilidade organizada pola Concellería de Medio Ambiente do Barco de Valdeorras e que contou coa participación de cativos e tamén adultos, entre eles a concelleira Diana Urdangaray.

Unha celebración que normalmente se viña organizando no mes de setembro pero que este ano decidían adiantar ata o mes de maio, antes de que cativos rematasen as clases, xa que a eles van dirixidas a maioría das actividades. Dende o paseo en patinete ou triciclo polo Malecón ata o parque de Educación Viaria instalado no patio cuberto do CEIP Julio Gurriarán, e o propio percorrido en bicicleta ata o parque empresarial e mesmo Viloira, con remate na praza do Concello.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button