CulturaCulturaÚltima hora

“Bicos con lingua” de Talía Teatro, nos Xardíns da Casa Grande de Viloira o 7 de xullo

Está é a terceira proposta incluída no ciclo cultural “De Perto”, promovido pola Concellería de Cultura do Barco e adicado nesta edición á oralidade
Unha das esceas desta obra teatral./ Foto: Talía Teatro.

O comportamento da sociedade galega ante a súa lingua e a problemática actual do galego son a materia prima da que se alimenta, en clave de humor, “Bicos con lingua”. Esta é a terceira proposta que achega o 5º “De Perto”, ciclo adicado á oralidade nesta edición. Trátase dunha obra teatral de pequeno formato que Talía Teatro representará ás 22:30h. do venres 7 de xullo nos Xardíns da Casa Grande de Viloira (O Barco).

A obra, con texto de varios autores (Avelino González, Cándido Pazó, Xavier Lama, Suso de Toro, Ana Iglesias, Núñez Singala, Marta Echeverría), está dirixida por Avelino González e interpretada por Toño Casais e Artur Trillo. “Pretendemos que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío”, din dende a compañía.

 

Cartel da obra.

Artigos relacionados

Back to top button