CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Birds are Indie actuará o 3 de novembro no Barco

Esta banda portuguesa actuará no Café Teatro Bajo 5 a partir das 22:30h.

Publicidade

 

O vindeiro mércores 3 de novembro 2021 ás 22:30h. Birds are Indie ofrecerá un concerto no Café Teatro Bajo 5 do Barco. Trátase dunha banda de Coímbra (Portugal) cunha ampla traxectoria musical e con 5 discos editados. Este grupo formado por Joana Corker, Ricardo Jerónimo e Henrique Toscano.

A súa música ten soado en festivais como Atlantic Fest (Grove), Xiria Pop (Coruña), O Día da Marmota (Sevilla), UKP Day (Ribadavia), e en salas como Café Pop Torgal (Ourense), Ou Náutico (Grove), Lata de Zinc (Oviedo), Costello Club (Madrid), NIU (Barcelona), Sala Karma (Pontevedra), A Fábrica de Chocolate (Vigo), Riquela (Santiago de Compostela), e moitas outras.

As entradas poden adquirirse de forma anticipada a un prezo de 10 euros no mesmo Café Teatro Bajo 5.

Artigos relacionados

Back to top button