PolíticaÚltima hora

Blanco ve o anuncio do PP do Parque Acuático “unha broma de mal gusto”

A socialista criticou a política forestal da Xunta, ao entender que a xestión de Feijóo “está a poñer en risco aos veciños”
Noela Blanco, esta mañá, na sede provincial do PSOE.
Noela Blanco, esta mañá, na sede provincial do PSOE.

A cabeza de lista pola candidatura do PSdeG-PSOE para Ourense, Noela Blanco, criticou esta mañá ante os medios a promesa que fixo onte o candidato do PP á Xunta dun Parque Acuático en Monterrei, considerándoa “unha broma de mal gusto”. “Que nos veñan anunciar un tobogán e unha piscina mentres arde Ourense está ao nivel da foto de Feijóo apagando un lume cunha mangeuiriña de xardín e os seus zapatos castellanos”, ironizou.

Blanco criticou duramente a política forestal do PP e sinalou a xestión de Alberto Núñez Feijóo como principal responsable das 6.100 hectáreas de monte ardido nunha semana e das cales 3.250 foron en Ourense nun día. “Dende logo que os incendiarios son os responsables directos pero é simplista e reducionista que o presidente da Xunta queiran sinalalos como único factor para que Galicia arda cada ano”.

Dende a formación vermella poñen o aceno na redución da distancia de seguridade entre a biomasa e as vivendas dos 50 metros até os 30, xunto coa anulación da agrupación de terreos forestais ou a privatización dos operativos de extinción. Entenden que, con este marco, se está a poñer “en risco os veciños e aos operarios que loitan contra as lapas”.

Por todo isto, Blanco reclamou a convocatoria do Consello Forestal para buscar medidas que reduzan os lumes e reivindicou a posta en marcha dunha política “ambiciosa e eficaz” de recuperación demográfica do rural. Así mesmo, esixiu a derogación dos artigos da Lei 7/2012 que permiten recalificar os terreos queimados.

Artigos relacionados

Back to top button