CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Blues con sabor arxentino no Barco

Red Duck Blues Trío actuaba neste mediodía no Café Teatro  Bajo Cinco, no casco antigo da vila

Cun potente directo e temas en castelán con arraigo porteño, Red Duck Blues Trio conquistaba ao público no concerto que ofrecía neste mediodía de 22 de xuño no Café Teatro Bajo Cinco, no casco antigo do Barco.

Esta banda, formada polos arxentinos Fran Banfield (baixo electrónico) e Juanma Ons (guitarra e voz), e polo vilamartinés Manuel Ares González (batería); comezaba a tocar a partires das 13:30h. cun repertorio marcado polo blues e tamén con algún que outro toque de rock. Era unha actuación na que propoñían unha viaxe a través da música e na que se despedían con temas como “Buenos Aires Blues”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button