Galerías de fotosÚltima hora

“Blues para Moraima”, de Miguel Anxo Fernández, preséntase en Celanova

A novela galardoada na última edición do premio Blanco Amor, “Blues para Moraima”, presentábase na tarde do 6 de xullo en Celanova. No acto participaba o autor da obra, o carballiñés Miguel Anxo Fernández, xunto con Luís González Tosar e Gustavo Garrido, da Fundación Carlos Casares.

Nun principio estaba previsto que o acto se celebrase na praza Maior de Celanova, pero por mor da choiva finalmente tiña lugar no Salón dos Arcos, situado nos baixos do concello de Celanova.

Fotos cedidas pola Fundación Curros Enríquez.

Artigos relacionados

Back to top button