Galerías de fotosÚltima hora

Bluestar e a banda tributo a Miguel Ríos poñen son á noite do sábado na Baco Festa

A festa na honra ao deus romano do viño na Rúa, péchase hoxe logo dunha intensa fin de semana

Xunto co viño, a gastronomía e a artesanía, a música é un dos ingredientes da Baco Festa, a cita festiva que rememora o pasado romano da Rúa, ao tempo que exalta os viños da D.O. Valdeorras.

Na xornada inaugural, o venres 9 de agosto pola noite, Thunderstuck facía bailar á mocidade ao ritmo dos temas máis coñecidos e potentes de AC/DC; e para o sábado había programadas dúas actuacións. A primeira, no propio recinto da Baco Festa, a cargo do grupo local Bluestar; e a segunda a cargo de Rock&Ríos a banda tributo a Miguel Rios que actuaba xa na medianoite, a carón do pavillón polideportivo, no Aguillón.

A feira, especialmente concurrida pola noitiña do sábado, pechaba as portas pasadas as dúas da mañá para volver abrir hoxe en torno ao mediodía. O broche musical á fin de semana poráo hoxe a Fanfarria Takikardia que cos seus potentes e telúricos sons, actuará no recinto ao longo da tarde.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/a-rua-honra-a-baco-deus-romano-do-vino/

Artigos relacionados

Back to top button