PolíticaÚltima hora

O BNG de Ourense incentiva as compras no comercio local

O obxectivo dos nacionalistas é que a xente merque produto con selo galego.

Militantes do Bloque Nacionalista Galego levan promocionando durante toda a semana o produto local. Unha campaña que levaron a cabo por diferentes barrios da cidade de Ourense. Hoxe, 30 de xaneiro, estiveron nas portas da Praza de Abastos Número 1 de Ourense, onde repartiron folletos de propaganda aos cidadáns.

O responsable local da agrupación nacionalista, Luís Seara, asegurou que “esta campaña pretende que a xente merque produtos con selo galego e así tamén incentivar o comercio local”. O nacionalista asegurou que pensaron en facer esta campaña nestas datas “xa que é cando máis se consume” pero con vistas a que a xente “continúe ao longo de todo o ano” xa que, remarcou, “xera valor engadido, son produtos de calidade, e xera postos de traballo”.

A campaña levouse a cabo en diferentes puntos da cidade.

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button