PolíticaÚltima hora

BNG e CIG Valdeorras amosan o seu malestar pola resposta de Renfe ante as demandas da comarca

Ademais anuncian que teñen pensado levar a cabo máis accións para seguir reclamando que Valdeorras teña unhas conexións dignas por transporte público

Caravana convocada polo BNG e a CIG entre O Barco e A Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

BNG Valdeorras e CIG Valdeorras, as dúas organizacións convocantes da mobilización en coches do pasado domingo reunía un centeo de vehículos particulares entre as estacións de tren do Barco de Valdeorras e A Rúa-Petín, veñen de emitir un comunicado no que manifestan “o seu malestar pola nula disposición que está a manifestar RENFE para atender ás demandas desta comarca”, cualificando de “insulto para Valdeorras” os tres supostos logros conseguidos pola  representación territorial do PSOE sobre os que se informaba na prensa.

No que ten a ver coa proposta para Valdeorras consideran “de todo punto improcedente a pretensión de poñernos uns monitores temporais (como se fosemos nenxs) para ensinarnos a usar as máquinas expendedoras a cambio de manter pechados os portelos das estacións”, din, reiterando que a única solución aceptable é “a reapertura de ambas instalacións; que RENFE debe recuperar a súa vocación de servizo público e dotar de servizos a un rural cada vez máis despoboado e ao tempo desatendido pola Administración Central”.

A central sindical e a organización política comunican, por último, que teñen pensado “levar a cabo máis accións para seguir reclamando o que é de lei: que Valdeorras teña unhas conexións dignas por transporte público co resto de Galiza e o conxunto do Estado”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close