EconomíaEconomíaÚltima hora

Bo balance de público e vendas na Feira de Artesanía e Produtos Típicos de Parada de Sil

 

Queixo, mel, licor de herbas licor café e cervexa artesá, artesanía en coiro, bisutería… Eran algúns dos numerosos produtos que se poñían á venda na Feira de Artesanía e de produtos típicos de Parada de Sil que se celebraba ao longo da xornada do 15 de agosto na praza do Curtiñeiro e que rexistraba unha notable afluencia de público e tamén moitas vendas.

Esta iniciativa, que está incluída dentro do Verán Cultural de Parada de Sil, ten sido promovida pola Asociación Tarabelada en colaboración co Concello. O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, agradecía o esforzo e colaboración dos voluntarios de Protección Civil deste municipio para levar a cabo esta actividade.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button