DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Boa acollida da andaina na ruta organizada polo club Jabalíes Valdeorras

En bicicleta (cunha ruta curta e outra longa) e andando. Son as dúas opcións que tiñan os participantes na VIII Ruta Jabalíes-Memorial Rosiña celebrada na mañá do 7 de xullo (día de feira) na Rúa.

Os primeiros en saír dende o pavillón de deportes, eran as bicicletas de montaña e de seguido facíano os andarines (preto dun cento, a maioría parellas dos ciclistas), equipados con camisetas de cor rosa. “A iniciativa ten moi bo acollida porque é unha forma de pasar a mañá para as acompañantes dos que participan na BTT”, explica Santiago Pimentel, presidente do club organizador da proba, Jabalíes Valdeorras.

Nesta galería de imaxes podemos ver o momento da saída da andaina de 12 km. Máis información e fotos na na seguinte ligazón: https://osil.info/preto-de-300-persoas-na-viii-ruta-jabalies-memorial-rosina-na-rua/

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button