DeportesÚltima hora

Boa actuación do Peña Trevinca Barco no Ibérico de Orientación celebrado en Portugal

Mailén Aller (2ª) e Iván Ramos (3º) subían ao podio tralos resultados nas probas de media distancia, sprint e longa distancia

 

Ata Portugal se desprazaba parte do equipo de orientación do Club Peña Trevinca Barco na fin de semana do 21 e 22 de setembro, para participar no Ibérico de Orientación celebrado en Penamacor, facendo unha vez máis un bo papel.

Na primeira xornada, marcada pola intensa chuvia, celebrábase a proba de media distancia destacando o segundo posto de Mailén Aller na categoría D-12. Yevheniya Chystyakova era sexta en D-21A e Iván Ramos sétimo na categoría H-21B. Ese mesmo día pola tarde tiña lugar a proba na modalidade sprint na que Mailén e  Iván lograban o segundo posto nas súas respectivas categorías.

Por último, na xornada dominical tiña lugar a carrreira de longa distancia na que de novo destaca o segundo posto de Mailén Aller, e os terceiros de Yevheniya Chystyakova e Iván Ramos respectivamente. Na clasificación xeral da suma das tres probas, subían ao podio Mailén Aller (2°) en D-12 e Iván Ramos (3º) en H-21B

Artigos relacionados

Back to top button