OurenseÚltima hora

Boa actuación do Sincro Ourense na 2ª xornada da Copa Promoción de Natación Artística

O club ourensán lograba un 6º e un 7º posto malia a penalización por non reunir o número obrigatorio de nadadoras

 

Unha gran valentía e ánimo demostraron as nadadoras da base infantil e júnior do Sincro Ourense na 2ª xornada da Copa Promoción de Natación Artística celebrada esta fin de semana en Vigo. Ámbolos dous equipos saíron cunha penalización a non cumprir co número obrigatorio de nadadoras, pero “todas as integrantes executaron as súas coreografías defendéndoas con forza e demostrando que hai que seguir adiante a pesar das adversidades”, aseguran dende o club ourensán.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

As primeiras en saír foron as infantís, que contan cunha nova integrante e que se coaban no 6º posto cunha boa puntuación inicial. A categoría júnior foi a encargada de pechar a competición e malia os 2 puntos de penalización, situouse no 7º posto da táboa. “Excelentes posicións nun deporte no que o número de participantes xoga un papel moi importante, tanto a nivel visual como técnico”, explican dende o club, asegurando que cun número reducido de nadadoras para as rutinas de equipo “os efectos visuais vense mermados e imposibilita grandes saltos ou elevacións”.

Artigos relacionados

Back to top button