DeportesÚltima hora

Boa actuación dos karatekas valdeorreses no campionato galego CAD/JUN/S21

O júnior Juan Herrero conseguía dous ouros, un en kata e outro en kumite +76 kg.
Membros do KC River Stone do Barco, no campionato galego.

Un bo día tiveron os deportistas do KC River Stone do Barco de Valdeorras, que participaron no campionato galego CAD/JUN/S21 de karate celebrado o 15 de outubro no pavillón da Malata, en Ferrol, logrando un total de dez trofeos.

O mellor clasificado foi o júnior Juan Herrero Valcarce que sumaba dous campionatos: un en kata e outro en kumite +76 kg. Tamén foi destacado o papel de Luis Martínez González (2º en kata júnior) e Iago Fernández Prada (2º en kumite cadete +70 kg.).

O club barquense sumaba ademais seis terceiros postos. Lucía Herrero Valcarce facía dobrete, en kata e kumite -54 kg; Alejandro Murias Tarazaga era 3º en kata cadete; Jorge Amigo Nieto en kata júnior; Pedro Cea Merillas en kumite júnior -68 kg; e Marcos Fernández González en kumite júnior -76 kg.

 

Lucía Herrero Valcarce en plena competición.

Fotos cedidas.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button