DeportesKárateÚltima hora

Boa actuación dos pequenos do KC River Stone no Campionato Galego de Karate Infantil

Nazan Barreda vencía na categoría Alevín e Hugo Álvarez era terceiro en Xuvenil

 

Moi positiva resultaba a fin de semana do 20 e 21 de marzo para o Karate Club River Stone do Barco de Valdeorras con catro podios nos dous campionatos galegos disputados.

No Sénior e Máster disputado na Coruña, Lucía Herrero vencía na modalidade kumite -55kg e Nicolás Rodríguez era terceiro en Máster (máis de 35 anos) e no Infantil celebrado en Santiago, volvía subir ao podio dous karatekas barquenses: Nazan Barreda, campión en Alevín masculino e Hugo Álvarez, terceiro en Xuvenil masculino.

En Benxamín masculino, Eric Rodríguez e Eiden Barreda disputaron e perderon o bronce, igual que Pablo Prada en Alevín masculino. En Xuvenil masculino Hugo Álvarez e Enzo Prieto disputaban o terceiro posto impoñéndose Hugo. “Os demais fixérono moi ben pero as medallas nestes campionatos están caras”, aseguran dende o club valdeorrés.

 

Karatekas do River Stone no Campionato Infantil de Karate.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button