EconomíaEconomíaÚltima hora

Boa actuación galega no Campionato Nacional de Coctelería, en Madrid

Nesta cita española competía un equipo da AGABA, do que formaba parte o carballiñés Guillermo González
Representantes do equipo no campionato nacional de coctelería.
Representantes do equipo no campionato nacional de coctelería.

Cun saldo moi positivo, tanto por equipos como a nivel individual, regresaban os representantes da Asociación Galega de Barmen (AGABA) do Congreso Nacional da Federación de Asociacións de Barmans Españois (FABE), que se desenvolvía do 9 ao 13 de outubro en Madrid. O equipo galego formábano tres destacados cocteleiros, campións autonómicos nas súas respectivas categorías: en Barman Xaime Rodríguez (Lalín), en Xove Barman, Guillermo González (O Carballiño) e Flairtending, Carlos Abilleira (Pontevedra).

Guillermo González, do Carballiño, nun dos momentos do certame.
Guillermo González, do Carballiño, nun dos momentos do certame.
O pontevedrés Carlos Abilleira, participaba na categoría de Flairtending logrando un terceiro posto.
O pontevedrés Carlos Abilleira, participaba na categoría de Flairtending logrando un terceiro posto.

Por equipos, o conxunto galego lograba a cuarta posición do certame, no que competían outros 20 equipos. E a título individual colleitaban dous galardóns. Así Xaime Rodríguez lograba o subcampionato de España na categoría de Gin&Tonic Rutte Gin ES-Schweppes España e Carlos Abilleira facíase co terceiro posto na modalidade de Flairtending ou coctelería acrobática. “Trátase da primeira ocasión na que o equipo galego consegue estes premios a nivel nacional, un recoñecemento que fai fincapé no bo nivel que está acadando a coctelería en Galicia”, segundo se indica dende AGABA.

Xaime Rodríguez conseguía o subcampionato de España na modalidade Gin&Tonic Rutte Gin ES-Schweppes España.
Xaime Rodríguez conseguía o subcampionato de España na modalidade Gin&Tonic Rutte Gin ES-Schweppes España.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button