DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Boa actuación do Sincro Ourense na liga galega de figuras

O club de natación ourensán lograba 1 primeiro, 2 segundos, 1 terceiro e 3 cuartos postos tras dúas xornadas

A piscina Frigsa de Lugo acollía o sábado 4 de febreiro a segunda xornada da liga galega de figuras individuais de natación sincronizada, á que o Club Sincro Ourense acudía con 29 nadadoras.

Foi na categoría infantil onde o dominio das ourensás foi máis claro con seis nadadoras nos oito primeiros postos da clasificación xeral trala suma dos resultados do que vai de liga: Lola Carracedo ocupa a primeira posición; Ana Moyano a terceira; Lucía Villar a cuarta; Claudia Bande a sexta; Candela Rodríguez a sétima e  Rebeca Ruíz a oitava, dun total de 67 participantes. Na categoría alevín, trala suma das notas das dúas primeiras xornadas, destacan as posicións de Antía Touriño, cuarta; Blanca Moyano, sexta; e Eva Rodríguez, oitava.

En canto á categoría júnior, as posicións logradas na segunda xornada polas nadadoras do Sincro Ourense foron: Lola Carracedo, segunda; Claudia Bande, cuarta; Rebeca Ruíz, sexta; Lucía Villar, sétima; e Candela Rodríguez, oitava. E con respecto á xuvenil con 43 nadadoras participantes, a mellor ourensá clasificada foi Lara Doval, sexta na suma das dúas xornadas de liga.

Nos próximos días o club ourensán centrarase na preparación de coreografías de cara ao campionato galego de rutinas de nivel de inverno que se celebrará o vindeiro 18 de febreiro na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button