DeportesÚltima hora

Boa actuación valdeorresa na primeira xornada da Liga Nacional de Clubs de Atletismo

En División de Honra Leticia Gil impoñíase na lonxitude, o martelista Carlos Revuelta era cuarto e o perteguista Luis Moro, terceiro. Ademais José Fernández e Eva Arias vencían en marcha e nos 3.000 obstáculos, respectivamente, en Primeira División
Leticia Gil e Carlos Revuelta, tras unha competición anterior./ Foto cedida.

 

Saldo moi positivo para os atletas valdeorreses na primeira das tres xornadas da Liga Nacional de Clubs de Atletismo que se celebraba nesta fin de semana. Así na División de Horna Leticia Gil (Alcampo Scorpio de Zaragoza) vencía na lonxitude en San Sebastián cun salto de 6,11 metros.

Pola súa banda, Carlos Revuelta Parra, vestindo as cores da A.D. Maratón, quedaba cuarto cun lanzamento de 58,54 m, mentres que Javier Cid (Atlético Salamanca), quedaba na sexta praza cunha marca de 46,97 m. Ademais, en Soria o perteguista barquense Luis Moro (Alcampo Scorpio), sitúabase terceiro, cun salto de 4,50 metros.

Primeira División

No caso da Primeira División da liga nacional de clubs de atletismo, o valdeorrés José Fernández Nieves (Club Celta) vencía en Vigo nos 5 km marcha cun tempo de 22:13.23. Triunfo tamén para a vilamartinesa Eva Arias (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) cunha marca de 10:56.09 en Pontevedra.

 

José Fernández Nieves./ Foto cedida.

 

Eva Arias nunha recente competición.

Artigos relacionados

Back to top button