DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Boa entrada no campo de Espiñedo (O Carballiño) no primeiro partido da tempada en 3ª división

O derbi provincial entre C.D. Arenteiro e C.D. Barco resolvíase co empate a uns

Despois de tres meses sen liga, os afeccionados teñen ganas de fútbol. Así o demostraron os numerosos asistentes, de ambos equipos, ao primeiro partido de liga en terceira división no campo de Espiñedo, no Caraballiño. Alí, na tarde do 25 de agosto comezaba a liga 2019/2020 igual que terminara a 2018/2019, co C.D. Arenteiro e o C.D. Barco sobre o céspede.

No último encontro da pasada campaña, Adrián marcaba o único tanto que daba a vitoria ao conxunto barquense e tres meses despois, cos cambios no plantel de ámbolos dous equipos, o empate selaba o final do primeiro encontro desta tempada. O capitán dos visitantes, Rubén García abría o marcador no minuto 17 ao transformar un penalti, chegando ao descanso co 0-1. A segunda metade era para os locais, co gol de Ivalotelli no minuto 57.

 

Bancada chea de afeccionados no campo de Espiñedo, no Carballiño.

 

Táboas nun partido marcado polo apoio da afección. A carballinesa respondeu en masa a este primeiro choque da tempada pero a barquense non quedou atrás cunha boa representación nas bancadas (parte dos UltrSil e tamén da directiva co presidente, Nilo Ramos á fronte).

A seguinte cita para os vermellos do Barco será o 1 de setembro en casa, no campo de Calabagueiros, contra o Alondras. Os verdibracos do Carballiño mediranse a domicilio co Bergantiños.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button