DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Boa estrea dos xuvenís do C.D. Rúa na liga

2-1 vencían aos do C.F. Monforte no primeiro partido disputado no campo do Aguillón

Da mellor forma posible  vén de estrearse o equipo xuvenil do C.D. Rúa. Cunha vitoria, en casa.

Pasadas as doce da mañá do 9 de setembro, arrancaba no campo do Aguillón o primeiro partido de liga na primeira autonómica xuvenil. Dun lado do campo, os xogadores do Rúa que este ano regresaban á competición con ganas e ilusión, ás ordes de Carlos (xogador do primeiro equipo). Do outro, os do C.F. Monforte dispostos a poñerlle as cousas difíciles.

Durante boa parte da primeira metade, os locais controlaron o xogo e Ariel tivo varias oportunidades que non lograría transformar en gol ata a cuarta, adiantando aos amarelos no marcador.

Ao final, 2-1 para o Rúa no primeiro partido dunha liga na que participan doce equipos (dous dos inscritos nun principio, Arrabaldo “B” e Vilamarín, retiráronse da competición). O seguinte partido para os de Carlos será de novo en casa (o 24 de setembro) contra o Velle.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button