BaloncestoDeportesÚltima hora

Boa mañá de baloncesto no pavillón de Calabagueiros para a base do MV Barco

Disputábanse tres partidos, con bos resultados para os equipos benxamín mixto, infantil masculino e cadete masculino

 

Moi intensa foi a mañá deste sábado 20 de novembro no pavillón de Calbagueiros, con tres partidos de baloncesto dos equipos de base do MV Barco.

Os máis madrugadores eran os pequeniños do club, os benxamíns, cuxo equipo mixto se enfrontaba dende as 9:45 horas ao Blanco Amor, nun partido que se resolvía cun resultado moi favorable para o conxunto que dirixe José Luis Gómez (56-9).

 

Equipo benxamín mixto do MV Barco.

 

De seguido tocáballe o turno aos infantís, que tamén xogaban contra Blanco Amor vencendo 57-21. Esta é a primeira vitoria para o conxunto barquense que suma dúas derrotas anteriores, situándose provisionalmente no terceiro posto da clasificación.

 

Equipo infantil mascuino do MV Barco.

 

Os últimos en competir nesta soleada mañá de sábado eran os cadetes cuxo partido ante Maristas se resolvía con outra impoñente vitoria (76-25). Con esta, os cadetes barquenses suman a cuarta vitoria noutros tantos partidos manténdose no alto da clasificación con 8 puntos.

O equipo alevín do MV Barco xogaba esta mañá en Ourense contra Divino Maestro; e o equipo sénior enfrontarase esta tarde ao CB Val de Lemos no Pavillón Río Cabe, en Monforte.

 

O infantil do MV Barco lanzando a canasta en Calabagueiros.

 

Na galería de imaxes hai fotos dos partidos dos benxamíns e dos infantís.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button