DeportesEn portadaPescaÚltima hora

Boa mañá de pesca no encoro do Bao, en Viana do Bolo

Cachito cun dos colegas de pesca en Viana.

 

Nos meses que dura a campaña de pesca hai días bos e tamén malos, en canto a capturas se refire, e o da mañá deste domingo 19 de abril para tres veciños da Rúa foi moi moi bo. “Xornadas como esta hai poucas porque o nivel do encoro sube e baixa e normalmente non pican tanto”, asegura Antonio Domínguez “Cachito” que en só unha mañá collía, xunto a dous colegas, sete fermosas troitas no encoro do Bao, en Viana do Bolo.

“Algunha pasa dos dous quilos e as outras serán de medio e dun quilo, aproximadamente”, di Cachito, explicando que as pescaron a “cucharilla plomada, SAR de cobre con pintas vermellas”.

 

Cachito con tres das troitas pescadas onte.

 

Malia os cambios de temperatura da mañá deste domingo (moito frío a primeira hora e moito calor xa contra o mediodía), os tres compañeiros de pesca desfrutaron dunha fantástica mañá no río con parada para almorzar incluída.

 

As troitas pescada onte no Encoro do Bao.

 

Artigos relacionados

Back to top button