DeportesPescaÚltima horaVídeos

Boa mañá de pesca para os nenos do Club Spinning Valdeorras en San Clodio

Malia o vento os pequenos collían varios peixes que máis tarde regresaban ás augas do río Sil

 

Transmitir aos máis pequenos a afección por unha pesca responsable e respectuosa co entorno é un dos obxectivos do club de pesca deportiva Spinning Valdeorras, e a mellor forma de conseguilo é ir con eles ao río e formalos, con alomenos unha xuntanza especialmente adicada a eles na tempada.

 

Antonio e Héctor, pai e fillo.

 

E iso é precisamente o que facían na mañá deste domingo 30 de marzo na praia fuvial de San Clodio, no concello lucense de Ribas de Sil. Alí, dende as nove e media da mañá un grupo de cativos do club desfrutaron da pesca nas tranquilas e transparentes augas do río Sil.

Algúns dos pequenos non era a primeira vez que pescaban, desenvolvendo xa o seu propio estilo. Así e todo seguían atentos as indicacións dos maiores, sobre como coller a cana, como lanzala ou como suxeitar ás troitas para máis tarde devolvelas ao río.

 

 

Foi unha boa mañá de pesca na que malia o vento, os peixes e as troitas picaban para ledicia dos pequenos. “Un neno de apenas 3 anos colleu unha ben grande”, aseguran dende o club. Aínda que a mellor parte da xornada chegaba despois da pesca, cando os cativos, guiados polos monitores do club (nalgúns casos os propios pais dos nenos), soltaban os peixes de novo ao río onde desaparecían nadando tal como pode verse nos cinco últimos vídeos.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella e cedidos

 

 

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button