DeportesÚltima hora

Boa nota para o Sincro Ourense na primeira competición da tempada

A Piscina Rosario Dueñas acolleu o campionato de figuras alevín/ infantil e rutinas técnicas júnior

 

Cun bo papel no campionato de figuras alevín/ infantil e rutinas técnicas júnior, celebrado esta fin de semana na Piscina Rosario Dueñas, comezaba a tempada o club de natación artística Sincro Ourense.

Tal como explican dende o club, na sesión de mañá de figuras, tanto as alevíns como as infantís posicionáronse moi ben na táboa. “Malia que aínda queda moita liga, este comezo baticina grandes resultados” din. No equipo alevín, Noa Bobillo quedou de 4ª, María Pausa 5ª, Noa Touriño 10ª, Alejandra Baliñas 11ª, Dulce Romero 12ª, Sabela Rodríguez 15ª, Martina Álvarez 19ª, Carmen Reboredo 23ª, Mar Rodríguez 36ª e Naia Canal 41. E con respecto ao equipo infantil, Antía Touriño foi 2ª, Estela L. Ojea 4ª, Paula Reverter 5ª, Blanca Moyano 7ª, Iria Fernández 14ª, Eva Rodríguez 18ª, Elia Rodríguez 19ª, Cristal Mota 21ª, Lía Pulido 24ª, Antía Blanco 27ª, Sarah Sánchez 29ª, Paula Moure  31ª e Candela Flores 36ª.

 

Nadadoras do Sincro Ourense.

 

A sesión de tarde foi para a competición de rutinas técnicas con “espectaculares coreografías”, aseguran dende o Sincro, destacando o só de Ana Moyano que abría a competición quedando en 2ª posición “a poucas centésimas da ganadora, Maia López de Sincro Ferrol e seguida de Paula Rivero de Galaico Sincro 3ª”. En dúo, de novo Ana Moyano, desta volta acompañada de Rocío Blanco, lograba a 2ª posición detrás de Galaico Sincro, 1ª e diantes de R.C. Naútico de Vigo, 3ª.

Para rematar a xornada, con máis de 2 puntos de vantaxe, o equipo júnior facíase co 1º posto, seguido de R.C.N. de Vigo e Galaico Sincro 3. O equipo estivo formado por: Ana Moyano, Rocío Blanco, Lucía Villar, María Molina, Claudia Bande, Rebeca Ruiz, Erea Lamas, Lola Carracedo, Antía Touriño, Eva Rodríguez e a adestradora Marta.

Fotos: Sincro Ourense

Artigos relacionados

Back to top button