DeportesÚltima hora

Boa representación do Peña Trevinca Barco no Campionato de España de Orientación a Pé

Na proba, celebrada en Llanes (Asturias), participaban máis de mil orientadores de 16 comunidades
Orientadores do Club Peña Trevinca Barco, en Llanes (Asturias).

Máis de mil deportistas, en representación de 16 comunidades autónomas, participaban no Campionato de España de Orientación a Pé celebrado entre o 19 e o 21 de abril na localidade asturiana de Llanes.

Na tarde do venres tiña lugar a proba de relevos sobre o mapa de Porrúa, dunha alta esixencia técnica e física que levou límite as capacidades dos orientadores. O sábado tocáballe o turno ao sprint polas rúas de Llanes seguido por numeroso público. E xa na mañá do domingo completábase o campionato coa proba de distancia media.

Con respecto aos resultados, a delegación galega con gran representación ourensá, conseguía un total de 16 medallas en diferentes categorías. Entre os orientadores do Club Peña Trevinca Barco destacan os resultados de Iván Ramos, 5º e 7º nas probas media e sprint M21B; e Mailén Aller, 6ª na distancia media F12.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close