DeportesÚltima hora

Boa representación do Tres Lunas Valdeorras no campionato do mundo máster de DH

Borja Comesaña lograba o 15º posto na proba de btt disputada en Canadá

O ciclista do Tres Lunas D.O. Valdeorras Borja Comesaña.

 

Un días despois de coñecer a convocatoria de Susana Alonso por parte da Selección Galega para o campionato de España de cross country maratón (XCM), outro membro do Tres Lunas D.O. Valdeorras participaba no campionato do mundo máster de downhill (DH) celebrado en Canadá.

Unha proba internacional de descenso en bicicleta de montaña (MSA 2019), na que o corredor do club valdeorrés se medía con ciclistas franceses, americanos, canadienses e mesmo chinos, colándose entre os 15 primeiros da súa categoría (master masculino 35-39), cun tempo de 6:03.716.

 

Artigos relacionados

Back to top button