EconomíaEconomíaÚltima hora

Boa resposta á xornada “Emprendendo na rede” en Manzaneda

Neste encontro formativo, celebrado o 13 de decembro, participaban unhas 20 persoas
Participantes na xornada celebrada en Manzaneda.
Participantes na xornada celebrada en Manzaneda.

O diverso abano de recursos que ofrecen as redes para promocionar, financiar e dar a coñecer novos proxectos analizábanse en Manzaneda no decurso da xornada informativa “Emprendendo na rede”. Este encontro tiña lugar no salón de actos do Concello e nel participaban unhas 20 persoas deste municipio e de zonas próximas. O seu obxectivo era facer un achegamento ás posibilidades que ofrece a rede á hora de por en marcha unha actividade profesional.

Ao longo da xornada abordáronse as seguintes áreas temáticas: emprendemento dende os blogs, presentacións de diversos blogs, as claves dum blog, decálogo dun blogger, o sistema de financiamento de “Crowdfunding”, cómo vender o teu proxecto, páxinas temáticas e packs e mecenas.

Esta xornada foi promovida polo Concello de Manzaneda en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a través da Rede Galega de Dinamización Xuvenil.

Artigos relacionados

Back to top button