EconomíaEconomíaÚltima hora

Boa resposta na apertura do prazo para pedir a tarxeta “Máis Barco”

 

Na mañá deste 7 de xaneiro abríase o prazo para que a cidadanía puidese solicitar a tarxeta da campaña de dinamización comercial e hostaleira “Máis Barco”, impulsada polo Concello do Barco de Valdeorras en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA).

O prazo para formalizar as solicitudes da tarxetas por parte dos veciños será desde hoxe e ata o 22 de xaneiro, ambos inclusive, a súa entrega realizarase entre o 15 de xaneiro e o 1 de febrero, e poderán ser utilizadas ata o 31 de marzo. Todos os trámites poden facerse en www.concellodobarco.gal/gl/mais-barco

En total, emitiránse 5.000 tarxetas, cada unha delas cun saldo de 50€, dos que 20 serán aportados polo Concello e os 30 euros restantes polo solicitante da mesma. Estas tarxetas poderán utilizarse exclusivamente nos establecementos do Barco adheridos á campaña.

A iniciativa xa ten máis de cen establecementos barquenses adheridos e entre as 12h. e as 13:30h. rexistrábanse 111 solicitudes de tarxetas.

Todos establecementos adheridos terán un cartel identificador na súa porta, e tamén hai una lista a disposición da veciñanza na dirección web: www.concellodobarco.gal/gl/mais-barco/establecementos

A campaña e posible grazas a un convenio firmado entre o Concello e a Asociación Empresarial de Valdeorras e que supón unha apartación municipal de 115.000 euros. O obxectivo é que, por mor desta campaña, o comercio ingrese 250.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button