Boa tarde de fútbol para os benxamíns do C.D. Rúa, no Aguillón

O equipo B goleaba ao Bosco no primeiro partido da Copa Deputación e o A empataba co Pabellón no último de liga

Aos máis pequenos do Club Deportivo Rúa non hai quen os pare. Apenas unha semana despois de proclamarse flamantes campións de liga, tras vencer 5-7 ao Bosco C, o equipo benxamín B de Luis María Ferrer, goleaba ao mesmo equipo, desta volta no primeiro partido da Copa Deputación.

O encontro tiña lugar na tarde do 14 de abril no campo rues do Aguillón cun espectacular resultado para os locais: 9-2. De seguido, xogaba o outro equipo benxamín do Rúa, o A, que se enfrontaba ao Pabellón B, na xornada 18ª da liga, conseguindo un empate a 3 goles co que remataba a segunda fase da competición.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies