ConcellosÚltima hora

Boas prácticas na xestión de residuos fronte ao coronavirus

A Deputación de Ourense pon en marcha unha campaña informativa incidindo na importancia de extremar a hixiene

 

En dous puntos esenciais se centra a campaña informativa sobre boas prácticas fronte ao coronavirus que puxo en marcha a Deputación de Ourense. O primeiro, relativo á xestión dos residuos das persoas que deron positivo no test do coronavirus. O obxectivo é “informar de que xeito deben manipularse como deben depositarse nos contedores”. A boa xestión destes residuos, segundo a campaña, “pasa por utilizar tres bolsas: unha para os residuos do paciente, outra para o material utilizado pola persoa coidadora e unha terceira donde se depositan as dúas anteriores xunto aos demais residuos domésticos”.

 

 

O outro punto da campaña incide na importancia da hixiene persoal e a boa xestión dos residuos en xeral na loita contra a propagación da pandemia. Baixo o lema: “Protéxete e protexe aos demais”, explica que se deben depositar os residuos en bolsas ben pechadas, extremar a hixiene de mans e manter o contedor coa tapa pechada unha vez depositados os residuos, remarcando que “non deben depositarse enseres nin residuos voluminosos a carón ou dentro dos contedores”.

Artigos relacionados

Back to top button