OurenseÚltima hora

Boas sensacións na Festa Solidaria de Pro Animais Verín

Tivo lugar o pasado 17 de agosto na Praia Fluvial

A Festa Solidaria de Pro Animais Verín tivo lugar o pasado 17 de agosto na Praia Fluvial. Así, nesta xornada tamén colaborou o Concello de Verín.

A festa comezaba ás 10:00 horas, coa apertura do bar ao pé do río. Sen embargo, a partires das 16:00 horas, comezou a animación coa discomóbil, os inchables para os cativos, as actuacións de artistas locais e os desfiles caninos tanto de animais xa adoptados como de animais na procura de familia.

Ademais, fixéronse sorteos nos que se repartiron máis de cen regalos, resultado das doazóns de particulares e comerciantes da zona. Algúns dos regalos foron cenas, viños, roupa, ou unha videoconsola.

Nieves Gascón, responsable de Pro animais Verín, destacaba a súa alegría tras esta edición, xa que “aumentou notoriamente a participación. Notouse tanto na asistencia como nas doazóns que se realizaron”. Ademais, destacou que “algúns dos animais que desfilaron no desfile canino conseguiron espertar o interese dos asistentes e xa se iniciaron conversas para a súa posible adopción”.

Pola súa banda, Purificación Caldelas, concelleira de Desenvolvemento Rural e Medioambiente quixo agredecer á asociación “a impagable labor” que realiza na comarca en pro da defensa dos dereitos dos animais. “Desde o Concello somos conscientes do importante papel de Pro Animais Verín na nosa contorna, polo que sempre poderán contar co apoio do grupo de goberno na organización deste tipo de iniciativas”.

Fotos: Concello de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close