DeportesNataciónÚltima hora

Boas sensacións para os Escualos na 1ª xornada da liga galega máster de natación

A competición, coa que se abre a tempada en Ourense, celebrábase a pasada fin de semana na piscina Rosario Diueñas

 

Un total de 20 nadadores do Club Natación Escualos Campus da Auga participaban a pasada fin de semana na 1ª xornada da liga galega máster, a primeira competición da tempada, na Piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Os Escualos participaron en 200 costas, 50 braza, 50 libre e 200 bolboreta, asegurando que a xornada foi moi positiva para o club. “Houbo moi bos tempos e seguro que estatemos nos postos altos da táboa”, din.

A xornada estivo organizada polo CN Pabellón seguindo todos os protocolos sanitarios establecidos. Medición da temperatura á entrada, lugares amplos para garantir distanciamento entre deportistas,  uso da mascarilla xusto ata o momento de entrar na agua, quecemento dividido en varios grupos,… “Unha boa organización coa que fixeron que os nadadores se sentiran seguros en todo momento”, aseguran dende o club Escualos, animando a todos os deportistas de todos os clubs a que participen nas competicións, posto que son “escenarios moi seguros e contribúen á superación desta  crise”.

Fotos: Club Natación Escualos Campus da Auga.

 

Artigos relacionados

Back to top button