ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Bob Esponja e Pocoyó animan a festa infantil de disfraces no Barco

Numerosos cativos asistiron á actividade organizada polo Concello no pavillón vello

Mañá, martes 13 de febreiro, é o día grande do Entroido no Barco de Valdeorras, co desfile de comparsas e folións previsto para as cinco e media da tarde. Pero hoxe, luns día 12, os nenos foron os protagonistas indiscutibles da festa de disfraces celebrada no pavillón vello.

Alí, dende as cinco da tarde, A Boa Festa amenizou o baile ao que asistían numerosos cativos disfrazados e acompañados por familiares (pais, nais, avós, tíos, irmáns,…). Na festa non faltaron os inchábeis para disfrute dos máis pequenos, nin a música que puxo ritmo á tarde, nin a visita de personaxes de televisión como Bob Esponja ou Pocoyó.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button