PolíticaÚltima hora

Boborás reúne ás agrupacións socialistas da provincia de Ourense

Celebrabáse a I Xuntanza Intercomarcal en Brues, promovida pola nova Agrupación Local Socialista de Boborás
No encontro participaban membros da dirección provincial do partido socialista.
No encontro participaban membros da dirección provincial do partido socialista.

Co fin de “reforzar os vencellos entre as distintas agrupacións da provincia”, a recén constituída Agrupación Local Socialista de Boborás, encabezada polo seu secretario xeral, Javier Lamas, celebraba na tarde-noite do 21 de novembro unha xuntanza “aberta a todos os compañeiros e compañeiras” ourensáns. O acto, celebrado en Brues (Boborás), contaba coa presenza de diversos membros da dirección provincial do PSdeG-PSOE como María Quintas e Raúl Fernández, así como coa de integrantes da candidatura socialista ao Congreso e ao Senado nas vindeiras eleccións xerais. Tamén asistía o deputado provincial pola comarca do Carballiño, Francisco Fraga, membros do grupo de goberno do Carballiño, voceiros/as e membros de diversas agrupacións da provincia.

Un dos momentos da cea organizada pola Agrupación Local Socialista de Boborás.
Un dos momentos da cea organizada pola Agrupación Local Socialista de Boborás.

No encontro os membros da Agrupación de Boborás amosaban o seu agradecemento “polo apoio recibido” e comunicaban a súa intención “de loitar polo desenvolvemento de Boborás e traballar a reo para posicionar ao PSOE coma a alternativa necesaria para o Concello”. Ademais aproveitaban a ocasión para “reforzar os lazos que unen aos membros do PSOE na provincia de Ourense”.

Fotos cedidas pola Agrupación Local Socialista de Boborás

Artigos relacionados

Back to top button