Monográfico Entroido 2012Monográficos

Bois ao ritmo do folión

A Festa da Soá pon o broche de ouro ao Entroido na Veiga
Foto: Mónica G. Bellver
Foto: Mónica G. Bellver

O acto central terá lugar o Martes de Entroido (21 de febreiro) en torno ás 12:30h. Nese momento será cando dé comezo o desfile de carrozas dende o entorno do colexio público ata o Toural, percorrendo as principais rúas da localidade.

Segundo se pudo ver en anos anteriores, encabezando a comitiva atoparemos ao Folión da Veiga que, con bombos e apeiros de labranza en man, irán marcando o ritmo. Entre os seus numerosos membros, o resto de comparsas participantes (chegadas dende o propio municipio e pobos como Viana ou incluso A Rúa) e o público, farán acto de presenza os Bois.

Non se sabe cantas figuras se decidirán a saír nesta ocasión, pero o número vai aumentando pouco a pouco e o ano pasado saíron un total de seis, incluíndo un pequeno. A carauta e a estrutura de madeira, a manta cubrindo o corpo, os pantalóns de pana, os zocos, os cornos de vaca e os chocos, son os detalles máis significativos desta figura que percorrerá a vila embestindo á xente, animando o ambiente e acompañando o desfile ata o Toural.

Será precisamente alí onde se celebre unha nova edición da Festa da Soá. Despois de oito anos a cita gastronómica a base de carne de porco está xa consolidada. Segundo as edicións anteriores o xantar comezará en torno ás 14:30h. e nel poderá degustarse unha boa cunca de sopa de fideos, e o prato forte: soá de porco, chourizo, cachelos e grelos, postre, viño e licores.

Malia estar sen confirmar, ese mesmo día pola tarde adoitase proceder á queima do lardeiro e da lardeira, símbolos do Entroido, acto que pecha os festechos ata o vindeiro ano.

Texto e foto: Mónica G. Bellver
(Máis información na edición en papel do Especial Entroido de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button