Galerías de fotosÚltima hora

O Bolo súmase ás mobilizacións en defensa da área sanitaria de Valdeorras

Dentro de conxunto de mobilizacións que se veñen realizando no oriente ourensán en contra da reforma da Lei de Saúde de Galicia figura tamén un acto celebrado no Bolo. Uns 60 veciños deste concello de montaña reuníanse e asistían a unha charla informativa impartida por representantes da Plataforma Sanitaria de Valdeorras, entre os que estaba o seu voceiro, Orlando Saavedra, e tamén da Xunta de Persoal do Hospital Comarcal Valdeorras, como era o caso de Suso Vilasánchez.

No encontro explicábanse os cambios que inclúe para zona o anteproxecto de reforma da lei, que prevé a desaparición da área sanitaria de Valdeorras, pasando esta zona a converterse nun distrito dependente da área sanitaria de Ourense, a única que quedaría na provincia.

Artigos relacionados

Back to top button